Home
Rede Brasil
Diretoria-Conselhos
Linhas de Ação
Objetivos
Estatuto
Núcleos
Notícias
Artes plásticas
Audições e Cursos
Congressos e Encontros
Diversas
Edital
Espetáculos
Latinoamericana
Mundo
Agenda
Contato
Como Associar-se
 
Notícias
11/06/07
(São Paulo) Xunta de Galicia - Viaxes - Programas Volver á Casa e Volver á Terra

 
Informativo da Sociedade Hispano Brasileira - Casa de España
São Paulo - Brasil
023 - 11/06/2007 (8375)

Xunta de Galicia

Programa Volver – Á terra

Características
Os beneficiarios estarán durante un período máximo de 14 días no mes de novembro, nunha residencia de tempo libre ou noutro establecemento residencial de Galicia xestionado pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, programándose actividades e excursións que favorezan o reencontro coa súa terra. Rematada esta estadía, poderán permanecer cos seus familiares en Galicia, ata completar un período máximo de 3 meses, sendo pola súa conta durante este tempo os gastos de aloxamento, manutención e calquera outro gasto derivado da súa estadía.

Resolución
Resolución do 29 de maio de 2007, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que convocan e regulan distintos programas de viaxes entre a Galicia emigrante e a Galicia territorial para residentes no exterior, durante o ano 2007.

Destinatarios
As persoas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Ser emigrante galego.
  • Ter a nacionalidade española.
  • Residir con carácter ordinario en Iberoamérica.
  • Ter sesenta ou máis anos de idade contados na data de remate do prazo de presentación de solicitudes
  • Levar polo menos os últimos 15 anos naturais sen participar en programas de viaxes a Galicia desta secretaría xeral.
  • Ser válido por si mesmo e non padecer trastornos psicofísicos que alteren a normal convivencia e que estean en condicións de realizar unha viaxe de longa duración.
  • Ter ingresos inferiores a 1,3 veces o importe das pensións asistenciais por ancianidade do Estado español, fixado en 2007 para o país de residencia.

Convocatoria
Diario Oficial de Galicia (4/06/2007)

Prazo
Ata o 9 de xullo

Promovido por
Secretaría Xeral de Emigración.

Tipo de axuda
A Secretaría Xeral de Emigración farase cargo da viaxe dos beneficiarios desde os lugares de partida fixados pola secretaría xeral en Iberoamérica ata o lugar de destino designado en Galicia.

A Dirección Xeral de Acción Social da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar colaborará neste programa poñendo todos os servizos de aloxamento e manutención durante o período de estadía na residencia de tempo libre.

Será por conta dos participantes o período de estadía durante a permanencia cos seus familiares en Galicia, unha vez rematada a estadía no establecemento residencial, ata completar un período máximo de 3 meses.

Lugar e data de realización
Residencia de tempo libre de O Carballiño (Ourense): do 5 ao 18 de novembro.

Observacións
Poden completar a estadía con familiares ata un período máximo de tres meses.
Colabora neste programa a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

Contacto
-Peña Galega da Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instr. São Paulo.
Rua Ouvidor Portugal, 541-Vl Monumento-Ipiranga
Tels: 2274-2014/6161-5293
email-sociedadehispano@sociedadehispano.com.br


Xunta de Galicia

Volver – Á Casa

Características
Programa Volver á casa, dirixido a conceder viaxes a Galicia a custo reducido a emigrantes galegos e aos seus fillos todos eles maiores de cincuenta e cinco anos e residentes en Iberoamérica. Así mesmo poderán ser beneficiarios ás persoas unidas a eles por matrimonio, unión de feito ou relación análoga. O programa desenvolverase preferentemente no mes de setembro.

Resolución
Resolución do 29 de maio de 2007, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que convocan e regulan distintos programas de viaxes entre a Galicia emigrante e a Galicia territorial para residentes no exterior, durante o ano 2007.

Destinatarios
Aquelas persoas que sexan emigrantes galegos e cumpran cos seguintes requisitos:

  • Ter a nacionalidade española
  • Residir con carácter ordinario en Iberoamérica
  • Ter cincuenta e cinco ou máis anos de idade
  • Non ter participado nos últimos cinco anos naturais en programas de viaxes a Galicia desta secretaría xeral
  • Ser válido por si mesmo e non padecer trastornos psicofísicos que alteren a normal convivencia e que estean en condicións de realizar unha viaxe de longa duración
  • Ter familiares de ata o cuarto grao de consanguinidade ou afinidade cos que poidan residir durante a súa estadía en Galicia
  • Ter ingresos inferiores a 3 veces o importe das pensións asistenciais por ancianidade do Estado español fixado en 2007 para o país de residencia
  • Poderán ser destinatarios do programa os fillos de emigrantes galegos que cumpran os anteriores requisitos.

Poderán se beneficiarios deste programa as persoas unidas por matrimonio, unión de feito ou relación análoga aos emigrantes galegos solicitantes do programa.

Convocatoria
Diario Oficial de Galicia (24/06/2007)

Prazo
Ata o 9 de xullo

Promovido por
Secretaría Xeral de Emigración

Tipo de axuda
A Secretaría Xeral de Emigración farase cargo, con carácter xeral, do 60% do custo da viaxe a Galicia. Farase cargo do 80% naqueles países nos que a base de cálculo da pensión asistencial por ancianidade no 2007 non supere os 1.800 € anuais.

Observacións
Os gastos de aloxamento, manutención e demais ocasionados pola súa estadía durante a residencia cos seus familiares en Galicia será por conta dos participantes.

A Secretaría Xeral de Emigración establecerá a forma e prazo en que os interesados deberán pagar a cantidade que lle corresponda en concepto de porcentaxe de custo da pasaxe e en proba da conformidade coa viaxe. Entenderase que os que non cumpren este requisito desisten da solicitude.

Salvo manifestación en contra das persoas beneficiarias do programa, a Secretaría Xeral de Emigración xestionará o desprazamento destas.

Contacto:
-Peña Galega da Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instr. São Paulo.
Rua Ouvidor Portugal, 541-Vl Monumento-Ipiranga
Tels: 2274-2014/6161-5293
email-sociedadehispano@sociedadehispano.com.br

 

 
Outras atividades:
02/07/07 - Prazo final para as Ajudas Assistenciais Individuais Galicia 2007.
15/07/07 - Prazo final para as Ajudas Assistenciais Individuais Asturias 2007.
 

Matrículas abertas para as novas turmas do Curso de Espanhol. 
Matrículas abertas para as novas turmas do Curso de Flamenco.

 

 



Fonte: Sociedade Hispano Brasileira
Mala Direta
Digite seu-email:
 
 
 
REDE BRASIL de Promotores Culturais - rede-brasil@rede-brasil.org -
Rua Sto. Antonio, 316 - 45 São Paulo - SP - Brasil - 01314-000
Telefax: 11 3106-0441

Desenvolvido por Net Fantasia